1 A era da ilustración na Galiza,. Os Grandes Ilustrados
Doma e castración do pobo galego como diría o historiador
Zurita, iso é o que aconteceu no noso pobo durante os séculos escuros. É innegábel
que a política tomada polos reis católicos fixe un dano terríbel ao idioma e ao
pobo Galego, que inda hoxe por desgraza perdura. A partir do século XV Galiza
perderá uns 2.000.000 de habitantes que emigran cara terras máis prosperas,
deixando as terras galegas baleiras de homes. Aquí podemos introducir uns dos
poemas que a grandísima Rosalía elabora, cunha connotación dun estilo tan
realista que é automaticamente rechazábel que moitos libros de textos a
incorporen dentro do post-romanticismo, cando é sen dúbida unha gran realista.
Estes vaise i aquel vaise;
e todos, todos se van;
que te poidan traballar.
Tres, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledá,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viúdas de vivos e mortos
que ninguén consolará
Nestes versos, Rosalía fala da emigración, do dano que
está a causar ao pobo. O dano máis visíbel é que as mulleres se teñen que poñer
a traballar no campo, alguén tiña que traballar as terras e poder pagar aos
feudos e poder sacar unha parte para subsistir, por este motivo, aparecen
apelativos pexorativos contra os homes e as mulleres galegas, apelativos que
por suposto non se lles debe pór. Desde logo, os galegos, demostraron unha gran
capacidade de adaptación e superación, por un lado, os homes, debe ir buscar
traballo fora dos eidos galegos e as mulleres, quedan a coidar das crianzas e
das terras. Non é isto motivo de alábana ao pobo galego?
Mais non quero ficar a falar da emigración galega, quero,
presentar o preludio do que vira a ser o rexurdimento do noso idioma. E para
iso vamos meternos de cheo nun dos acontecementos máis importante do século
XVIII a Ilustración
Da Ilustración, non podemos empezar a falar dela sen comentar o que é, o que representa e a xente que influíu nela. A Ilustración
é unha corrente intelectual de pensadores que comeza en Europa ao redor de
século XVIII e basease na razón e na ciencia como formas de explicar o
universo. Impulsou os movementos do capitalismo e da sociedade moderna. Este
movemento afectou a case todo o mundo, mais non tivo a mesma repercusión en
todos os países. Os países máis ilustrados poderíamos nomear a Francia, con
pensadores Ilustrados tan célebres como Voltearei ou Diderot en Inglaterra con
filósofos como Locke.
En España, e sobre todo das nosas terras temos a dous
grandes ilustrados, por un lado temos a Pai Feijóo, el afirmará que o galego e o portugués veñen dunha mesma lingua común. Coa independencia de Portugal,
ficaron en idiomas diferentes, mais cunhas características moi comúns. É tamén Feijóo será quen elimine o mito de que o portugués sexa un dialecto do castelán.
Mais Feijóo terá una alumno moi prospero, Pai Frei Sarmento, quen dará conta do
maltrato que está a sufrir o idioma e o pobo galego.
Sarmento, realiza unha
viaxe por toda a Galiza, como el mimo di, se converte nun preguntón incansábel, en búsqueda de palabras coas que os rústicos
autóctonos nomean as cousas, mais non só fai isto, Sarmento, reclama que o pobo
galego debe ter dereito a unha ensinanza en galego, para Sarmento, o pobo
galego estaba a estudar nunha lingua que non era a súa. Para iso vamos facer
unha analoxía, vamos coller un rapaz da Galiza, que o seu idioma nai sexa o
galego e o castelán e vamos a collelo e pór nun colexio en Francia e vámoslle a
obrigar que estude en Francés, sería capaz o rapaz de adaptarse a estudar nunha
lingua que nunca viu e que nunca aprendeu?. A resposta é ben sinxela, sería moi
pouco probábel que puidese facelos de contado, necesitaría aprenden antes de
nada esa lingua para despois acceder ao coñecemento que están escritos na mesma,
pois este era o concepto que tiña Sarmiento, a necesidade de que o pobo galego
puidese ter acceso aos estudos na súa propia lingua. Sarmiento, deixará un gran
legado, deixará as bases do que un século despois retomará unha rapaza cunha
sensibilidade e intelixencia incríbeis e cun valor que a moitos nos gustaría
ter nos nosos días.