O Galego
A súa orixe
O idioma galego ten a súa orixe no século IX, proven do latín vulgar e polo tanto unha lingua romance. Nace como unha lingua culta, falada polos reis e a corte, polo que debemos rexeitar a idea de que e unha lingua marxinal.
O galego era a lingua de toda a Gallaecia, este eido estaba formado pola Galiza de hoxe en día, parte de Portugal, até aproximadamente Coimbra, e parte de León e Asturias.
A partir do século XII nace o reino de Portugal e a Gallaecia fica dividida en dous partes dende o Miño, neste intre, podemos falar de dous galegos, o que se fala o norte de Miño e o que se fala o sur do Miño, isto inflúe na súa evolución, as xentes do sur pasan a falar portugués e a xente do norte galego, mais non deixa de ser hoxe que comparten unha mesma orixe
O galego na alta idade media, era a lingua que falaban todos os habitantes da Galiza. É neste fermosísimo parido nace de mans dos trobadores as cantigas, cheas de ritmo, habías de varios tipos, cantigas de amigos, de amor e de escarnio e maldicir. O mesmo rei, Afonso X o Sabio de Castela escribía en galego as súas composicións poéticas
A partir do ano 1350, coa morte do rei de Portugal Don Denís. Comeza o deterioro, lamentabelmente, do galego vivirá até a chegado dos séculos escuros no século XV, desaparecendo aquela riqueza artística, aquela economía poderosa, desapareceron o ritmo das cantigas e despois desgraciadamente, desapareceu todo a literatura galega ...
Os que sabían escribir foron deixando de o facer en galego, mais a xente, o pobo seguiu a falar galego.
Cabe resaltar as figuras máis controvertidas do século XV, Isabel da Castela e o rei Fernando de Aragón, o seu afán conquistador levounos a conquistar terras afastadas e como a lingua do imperio acompañaba o imperio alá onde for, o castelán penetrou na Galiza acompañado dunha casta de bispos e nobres da meseta que ficaron no noso país
Vamos ser obxectivos e dar datos, trescentos anos só houbo 15 bispos galegos e 152 de fóra. Non eran de estrañar cos bispos non falasen a nosa lingua. O galego desapareceu dos documentos oficiais, porque debían estar en castelán. Neste ambiente, moitos nobres galegos, mudaron ao castelán, querían falar a lingua que falaban os que tiñan o poder. O pobo, en troca, seguiu falando galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario