1 A era da ilustración na Galiza,. Os Grandes Ilustrados
Doma e castración do pobo galego como diría o historiador
Zurita, iso é o que aconteceu no noso pobo durante os séculos escuros. É innegábel
que a política tomada polos reis católicos fixe un dano terríbel ao idioma e ao
pobo Galego, que inda hoxe por desgraza perdura. A partir do século XV Galiza
perderá uns 2.000.000 de habitantes que emigran cara terras máis prosperas,
deixando as terras galegas baleiras de homes. Aquí podemos introducir uns dos
poemas que a grandísima Rosalía elabora, cunha connotación dun estilo tan
realista que é automaticamente rechazábel que moitos libros de textos a
incorporen dentro do post-romanticismo, cando é sen dúbida unha gran realista.
Estes vaise i aquel vaise;
e todos, todos se van;
que te poidan traballar.
Tres, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledá,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viúdas de vivos e mortos
que ninguén consolará
Nestes versos, Rosalía fala da emigración, do dano que
está a causar ao pobo. O dano máis visíbel é que as mulleres se teñen que poñer
a traballar no campo, alguén tiña que traballar as terras e poder pagar aos
feudos e poder sacar unha parte para subsistir, por este motivo, aparecen
apelativos pexorativos contra os homes e as mulleres galegas, apelativos que
por suposto non se lles debe pór. Desde logo, os galegos, demostraron unha gran
capacidade de adaptación e superación, por un lado, os homes, debe ir buscar
traballo fora dos eidos galegos e as mulleres, quedan a coidar das crianzas e
das terras. Non é isto motivo de alábana ao pobo galego?
Mais non quero ficar a falar da emigración galega, quero,
presentar o preludio do que vira a ser o rexurdimento do noso idioma. E para
iso vamos meternos de cheo nun dos acontecementos máis importante do século
XVIII a Ilustración
Da Ilustración, non podemos empezar a falar dela sen comentar o que é, o que representa e a xente que influíu nela. A Ilustración
é unha corrente intelectual de pensadores que comeza en Europa ao redor de
século XVIII e basease na razón e na ciencia como formas de explicar o
universo. Impulsou os movementos do capitalismo e da sociedade moderna. Este
movemento afectou a case todo o mundo, mais non tivo a mesma repercusión en
todos os países. Os países máis ilustrados poderíamos nomear a Francia, con
pensadores Ilustrados tan célebres como Voltearei ou Diderot en Inglaterra con
filósofos como Locke.
En España, e sobre todo das nosas terras temos a dous
grandes ilustrados, por un lado temos a Pai Feijóo, el afirmará que o galego e o portugués veñen dunha mesma lingua común. Coa independencia de Portugal,
ficaron en idiomas diferentes, mais cunhas características moi comúns. É tamén Feijóo será quen elimine o mito de que o portugués sexa un dialecto do castelán.
Mais Feijóo terá una alumno moi prospero, Pai Frei Sarmento, quen dará conta do
maltrato que está a sufrir o idioma e o pobo galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario