Un animal Chamado néboa
Ledicia Costas presenta este novo libro para o xénero adulto. Un animal chamado néboa non é un libro fácil de ler, mais non pola súa escrita senón pola dureza dos seus relatos, cheos de historias crueis, acontecidas durante a Segunda Guerra Mundial que reflicten a maldade do ser humano e até onde poden chegar as mentes máis psicóticas. Ledicia Costa ponse na pel dos protagonistas dos relatos, facéndote sentir dentro das súas torturas persoais. O libro relata desde os acontecementos nos bloqueos realizados polos nazis no eido ruso, as bomba de Hiroshima e Nagasaki, o acontecido no RSS Indianapolis, así como as terríbeis historias dos campos de exterminio nazi. Un libro recomendábel para ser máis conscientes de até onde pode chegar as mentes máis macabras do ser humano. Necesario para a mudanza da nosa civilización e para facer deste mundo un lugar moito mellor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario